Hai rabudo

Esta noche, 23.20. Televisión de Galicia. Programa Hai Debate. E non digo máis…
(Aporto documento gráfico por si alguno no lo vio).

9 pensamientos en “Hai rabudo

  1. que guapo saes na tele!

  2. rabudo dice:

    Que horror, é noxento verse na tele. Xa me acostumei a escoitar a miña propia voz de cando traballaba na radio, pero coa imaxe non podo… Aínda queda outra ora de rollo

  3. Dan Boden dice:

    tá ben, home, está ben. agradécese a explicación sobre Catalunya para o orador que tes ó teu carón. e só unha cousa: a próxima vez coida das formas, e que non che senten á dereita da dereita. bicos.

  4. preguntón dice:

    Dende logo, espero que foses vacinado pq visto ó que che sentaron ó teu carón hai que andar con tino. Non che fora a contaxiar algo. Ti, se notas que tes ganas de canta-lo cara al sol vai correndo a urxencias antes de que vaia a máis 😀

  5. mi madriña! como aprobeitas os cortes publicitarios! reitero o consello de «coidado co da dereita!», vaia exemplar!
    e por certo, que guapa sae rosa!

  6. rabudo dice:

    É o que teñen as guapas, que saen guapas… Os outros saímos como somos.

  7. preguntón dice:

    Agora sen coñas. O elemento este de Libertad Digital sorprendeume. Un acolito de FJL falando galego. Ata pensei que estaba noutra dimensión 🙂

    Os dous primeiros puntos eran sumamente interesantes. E nos dous o resultado ó final é o mesmo: PERDEMOS.

    Perdemos con respecto ó idioma no senso de que o galego está ferido de morte e máis pronto que tarde, por desgracia, desaparecerá da vida pública galega. Pq un idioma que non se fala nas administracións, nin nas escolas, nin nas empresas (véxase o número de curriculos que se entregan en galego) está condenado a morte.

    E as victimas da dictadura, perderon a guerra e perderon a transición.

    En resumo PERDEMOS. ou non?

  8. rabudo dice:

    No do tabaco gañamos (insisto); no da Guerra Civil, perdemos pero hai que conseguir que non mexen por nós e teñamos que dicir que chove; e no da lingua o mal está feito e o que hai que tratar é de que o problema -que non é pequeno para o galego- non vaia a máis. ¿Como? Non sei, insisto tamén: ¿Como se fai para facer que alguén que ten un coñecemento, neste caso a lingua, o empregue sen impoñelo? Hoxe por hoxe non o conseguiu ninguén. E marcho a durmir…

    11/4/06 01:30

  9. Olá,
    Em Modesto web há ligações ao video (ou parte del) do programa. No YouTube, of course.

Deja un comentario